Aquí mesmo atopámonos cun Hoax. Este é un exemplo dos miles de hoaxes que circulan pola rede. Concretamente, este distribuíase por medio de correo electrónico. O seu descubrimento foi extremadamente doado, debido a que a información que contiña o e-mail non estaba anunciada nos establecementos, nin desde logo, promocionada polos seus traballadores. Aínda así, este hoax probablemente circulara por miles de persoas antes do seu descubrimento.
Conclusión; hai que ter coidado coa información que atopamos na rede, estamos sometidos a abundantes enganos constantemente.
Definimos Hoax como: Un conto ou noticia falsa que intenta facer crer a un grupo de persoas que algo é real. Atópase en abundancia por medios electrónicos, especialmente internet.
O obxectivo principal dos bulos adoita ser captar indirectamente direccións de correo electrónico, para enviar correos masivos, publicidade, virus informáticos e diversos enganos para intentar manipular a opinión pública da sociedade.Transmítense mediante cadeas de correo electrónico sobre temas como virus incurables, falacias sobre persoas, institucións ou empresas, mensaxes de temática relixiosa, etc.

No hay comentarios:
Publicar un comentario