sábado, 17 de marzo de 2012

Os sucesos de Valencia

O pasado Mércores 15 de Febreiro, estudantes do IES Lluis Vives de Valencia foron sometidos a unha dura carga policial mentres se manifestaban polos recortes sufridos en numerosos institutos públicos valencianos, que vense imposibilitados a garantir condicións básicas (calefacción, pagos a proveedores, pago de nóminas...) polo que non conseguen aportar aos seus alumn@s unha educación de calidade.

A actuación da policía orixinou cargas e detencións, mesmo contra menores de idade. Posteriormente, en protesta a estes feitos, centos de persoas concentráronse nos arredores do instituto na mañá do Xoves 16, e foron recibidos con outra boa ración de violencia policial, deixando a 6 estudantes detidos, pertencentes a SEPC e Acontracorrent. Esa misma tarde, a policía interveu de forma violenta contra as persoas que protestaban ante a Delegación de Goberno en Valencia polas actuacións policiais, o que ocasionou novas cargas policiais e outro detido menor de idade.

Os sucesos de Valencia xeraron movilizacións a nivel nacional contra os recortes e en apoio aos estudantes valencianos.



Na miña humilde opinión, a actuación da policia foi (como case de costume...) inxustificada, excesivamente violenta, sen causa, como é habitual con notable abuso de forza e "autoridade" cara a todos os manifestantes. Unha importante falta de respeto cara a toda a sociedade, que dende o meu pensar deberia levar un bó castigo. Califico de TOTALMENTE PENOSA a actuación tanto dos policías coma dos altos cargos que levaron a cabo a decisón de enviar numerosas (denominadas coloquialmente) "grilleras", pero que en realidade están cheas de monos cun impoñente disfraz e armas, coas que agreden a xente, tanto física como verbalmente en moitos casos. Lamentable.

Podedes atopar máis información sobre este suceso botando unha ollada neste enlace.

1 comentario:

  1. Está moi ben o blog e as entradas, moi traballadas.
    intenta arranxar os problemas cos gadgets.

    ResponderEliminar