viernes, 15 de junio de 2012

jueves, 14 de junio de 2012

Dr. Valda en Castrelos (Directo 2009)



Este é un pequeno vídeo que tiven que editar para a clase de TIC, aparece unha toma de Dr. Valda rapeando en directo en Castrelos, teloneando a Public Enemy con LicorKafe en 2009.

Producións Bóveda - O Instituto



Aquí tendes unha moi breve presentación do que será o filme "O Instituto", rodado no IES Alexandre Bóveda e que verá a luz en moi pouco tempo...

O Xornal de Brais



Videoxogos ; ¿Son educativos? ¿Son cultura?


Hoxe en día os videoxogos ocupan un lugar moi importante na nosa sociedade. Hai videoxogos de tódolos tipos imaxinables e tamén gran variedade de plataformas onde xogalos.

Desde o meu punto de vista, os videoxogos poden ser educativos, en ocasións. Como xa dixen anteriormente hai videoxogos de tódolos tipos, deportivos, de fantasía, de rol... e sen dúbida, tamén educativos ou favorables para exercitar a nosa mente. Tamén presentan inconvenientes, como por exemplo, numerosos casos de adicción por parte dos xogadores.

Lóxicamente, forman tamén parte da cultura, podes aprender con eles ou non, pero son empregados por millóns de persoas de tódalas idades en todo o mundo.

De feito, están tan involucrados na cultura que hai todo tipo de eventos relacionados con eles, dende campionatos ou ligas, ata entregas de premios, como o recente "Premio Príncipe de Asturias", que recibui fai menos dun mes Miyamoto, creador de xogos tan coñecidos como "Super Mario", o xinete de gorra vermella que podedes ver na imaxe de arriba.

miércoles, 13 de junio de 2012

Wikipedia

A Wikipedia foi sen dúbida unha revolución no mundo de internet, esta páxina permite acceder a información de todo tipo, e susténtase do que escriben os internautas, é dicir, todo o escrito na Wikipeida é editable por calquer usuario de internet. Isto xera grandes vantaxes, a pesar de ter o seu punto arriscado. Cabe destacar que a Wikipedia é totalmente gratuita.


Información na Galipedia: El Puto Coke (Galipedia)

Pinterest ; Una nova rede social



Pinterest é a nova rede social que está pegando forte. Trátase dunha rede de carácter público, é dicir, todo o que colgas pode velo calquera. Presenta certa semellanza con Twitter neste aspecto.

Esencialmente en Pinterest pódense encontrar imaxes e vídeos que colgan outros usuarios aos que podes seguir, ademais de poder engadir o material subido ao teu álbum de "Likes"

Persoalmente, rexistreime e probeina, e a pesar de que non me convenceu como rede social de uso a diario, teño que dicir que é canto menos curiosa, pois é unha nova "forma" de rede social ata agora descoñecidaDéixovos unha pequena imaxe do meu álbum de favoritos:


Estafas En Internet

Hoxe vou falar sobre dous tipos de estafas en internet; O Phising e o Pharming.

-Phishing é un termo informático que denomina un tipo de delito encadrado dentro do ámbito das estafas cibernéticas, e que se comete mediante o uso dun tipo de enxeñaría social caracterizado por intentar adquirir información confidencial de forma fraudulenta (un contrasinal, información detallada sobre tarxetas de crédito...). O estafador, se fai pasar por unha persoa ou empresa de confianza nunha aparente comunicación oficial electrónica, (un correo electrónico, algún sistema de mensaxería instantánea ou chamadas telefónicas). Podemos identificar este tipo de estafa sabendo que calquera empresa seria nunca nos solicitaría información persoal a través de correos electrónicos. 

-Pharming é a explotación dunha vulnerabilidade no software dos servidores DNS ou no dos equipos dos propios usuarios, que permite a un atacante redirixir un nome de dominio a outra máquina distinta. Desta forma, un usuario que introduza un determinado nome de dominio que fose redirixido, accederá no seu explorador de internet á páxina web que o atacante especificase para ese nome de dominio.A forma máis efectiva de evitar caer neste tipo de estafas, é evitando que o noso ordenador se infecte de códigos maliciosos, contando cun bo antivirus que estea constantemente actualizado, pero tamén con algún anti-malware que protexa permanentemente o noso ordenador.