lunes, 27 de febrero de 2012

¿Como me afectou o peche de Megavideo?


A verdade é que este suceso non me afectou demasiado no meu actual uso de internet. Parecíame unha gran páxina, permitía ver e descargar numerosos vídeos, filmes, series, etc. sen grandes esperas de tempo. Unha páxina de frecuente visita por millóns de internautas a diario, persoalmente, eu a empregaba para buscar series de televisión, para filmes intentaba recurrir a programas de intercambio P2P ou Torrent, e é por isto que non notei especialmente o seu peche.

Aínda así, penso que isto pode implicar problemas na rede, ocasionados por tódolos hackers detrás desta plataforma que busquen vinganza ante a actuación do FBI.

Podedes acceder a un artículo en internet no que se fala das consecuencias do peche da plataforma Megaupload, facendo click aquí.

¿Por qué WhatsApp é gratis?


Pregunta moi frecuente en miles de persoas, ¿por que esta aplicación con tanto éxito é gratuita?. Pois ben, o negocio de WhatsApp consiste unicamente en ser usado por millóns de persoas de todo o mundo, ata o punto de chegar a crear unha necesidade por parte dos usuarios de empregar esta aplicación.

Os cartos que o manteñen vivo saen de fondos de inversión, compañías que toman o diñeiro dos seus clientes e o invirten noutras empresas con positivas espectativas de crecemento. Posteriormente, os inversores lévanse a parte proporcional dos beneficios en relación coas súas inversións.

Os gastos de persoal e sostemento de WhatsApp son practicamente nulos, e o seu potencial de venta é enorme. Calquera operadora do mundo desexaría mercala, posto que obtería a millóns de clientes aos que podería, por exemplo, insertar publicidade. É por isto que estimamos que o prezo actual de WhatsApp é de millóns de Euros.

HTML5


Toca falar do HTML5, unha linguaxe definida como a mellor alternativa para crear xogos de navegador. As súas características básicas son que é aberto e gratuito, non require instalar complementos e está respaldado polos máis grandes do mundo tecnolóxico, como poden ser Google, Microsoft e Apple.

Aquí deixovos unha captura dun xogo que probei para a clase de TIC neste novo formato, chámase "Cánavas River", consiste en conducir unha bicicleta a traves de escenarios debuxados polos xogadores e mestura HTML 5 con Javascript. Podedes probar a xogar facendo click na imaxe.


lunes, 13 de febrero de 2012

Ni una lágrima por cada cigarrillo, nadie dijo nunca que fuera sencillo.



Dende Special Edision chega o tema inédito "Jardín de espinas", lanzado o Día Internacional da Violencia de Xénero (25 de novembro).

Neste vídeo interveñen os MC´s galegos Ze Verona e The Big Nando sobre un beat de CarlitoSound, compoñentes das agrupacións "96ERS" e "Special Edision". O vídeo corre a cargo do artista plástico ourensano Abrah, membro tamén das agrupacións mencionadas anteriormente, e recoñecido graffiteiro da Crew "Mepeino", autor de pezas como:



Sé valiente, da un paso al frente, porque tu vida puede ser muy diferente.

MURDERBALL


Impactante documental protagonizado por persoas tetrapléxicas que, recluídos en cadeiras de rodas loitan por relizar un soño; gañar unha competición de rugby paralímpico. Neste documental mostrannos a vida dos xogadores, o antes, o por qué, e a súa loita por adaptarse á súa minusvalía. Competitividade, agresividade e ímpetu podemos dicir que son os adxectivos máis apropiados para definir aos protagonistas, que a pesar das circunstancias, non se deixan levar pola forte corrente da rendición.



Paréceume un documental moi interesante, que transmite valores tan importantes como o aprender a loitar polo que un quere, perseguir os seus soños ata conseguilos e adaptarse ás diversas dificultades que nos poña a vida.


Intenta e consigue influír ao espectador cunha enorme motivación para afrontar os problemas. Documental altamente recomendable.



Aquí déixovos o trailer:



domingo, 12 de febrero de 2012

MICROFEST


Cabe facer mención no meu blog ao Microfest, festival de música rap celebrado en Galicia, que acadou os días 18 e 19 de novembro a súa novena edición. Recoméndovos que lle votedes un ollo a súa web, podedes entrar facendo click aquí ou na propia imaxe.

O meu Instituto


Aquí un exercicio de TIC realizado con Gimp. Cambiar o nome do Instituto polo teu de xeito moi rápido e sinxelo.

O Corpo Humán en 3D

Neste enlace, atoparedes unha interesante páxina acerca do corpo humán. Nela poderedes visualizar o interior dun corpo de calqueira sexo, os seus diversos sitemas e organismos... Déixovos unhas pequenas capturas que fixen dela: