A verdade é que este suceso non me afectou demasiado no meu actual uso de internet. Parecíame unha gran páxina, permitía ver e descargar numerosos vídeos, filmes, series, etc. sen grandes esperas de tempo. Unha páxina de frecuente visita por millóns de internautas a diario, persoalmente, eu a empregaba para buscar series de televisión, para filmes intentaba recurrir a programas de intercambio P2P ou Torrent, e é por isto que non notei especialmente o seu peche.
Aínda así, penso que isto pode implicar problemas na rede, ocasionados por tódolos hackers detrás desta plataforma que busquen vinganza ante a actuación do FBI.
Podedes acceder a un artículo en internet no que se fala das consecuencias do peche da plataforma Megaupload, facendo click aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario