miércoles, 13 de junio de 2012

Estafas En Internet

Hoxe vou falar sobre dous tipos de estafas en internet; O Phising e o Pharming.

-Phishing é un termo informático que denomina un tipo de delito encadrado dentro do ámbito das estafas cibernéticas, e que se comete mediante o uso dun tipo de enxeñaría social caracterizado por intentar adquirir información confidencial de forma fraudulenta (un contrasinal, información detallada sobre tarxetas de crédito...). O estafador, se fai pasar por unha persoa ou empresa de confianza nunha aparente comunicación oficial electrónica, (un correo electrónico, algún sistema de mensaxería instantánea ou chamadas telefónicas). Podemos identificar este tipo de estafa sabendo que calquera empresa seria nunca nos solicitaría información persoal a través de correos electrónicos. 

-Pharming é a explotación dunha vulnerabilidade no software dos servidores DNS ou no dos equipos dos propios usuarios, que permite a un atacante redirixir un nome de dominio a outra máquina distinta. Desta forma, un usuario que introduza un determinado nome de dominio que fose redirixido, accederá no seu explorador de internet á páxina web que o atacante especificase para ese nome de dominio.A forma máis efectiva de evitar caer neste tipo de estafas, é evitando que o noso ordenador se infecte de códigos maliciosos, contando cun bo antivirus que estea constantemente actualizado, pero tamén con algún anti-malware que protexa permanentemente o noso ordenador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario