Pinterest é a nova rede social que está pegando forte. Trátase dunha rede de carácter público, é dicir, todo o que colgas pode velo calquera. Presenta certa semellanza con Twitter neste aspecto.
Esencialmente en Pinterest pódense encontrar imaxes e vídeos que colgan outros usuarios aos que podes seguir, ademais de poder engadir o material subido ao teu álbum de "Likes".
Persoalmente, rexistreime e probeina, e a pesar de que non me convenceu como rede social de uso a diario, teño que dicir que é canto menos curiosa, pois é unha nova "forma" de rede social ata agora descoñecida. Déixovos unha pequena imaxe do meu álbum de favoritos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario