Hoxe en día os videoxogos ocupan un lugar moi importante na nosa sociedade. Hai videoxogos de tódolos tipos imaxinables e tamén gran variedade de plataformas onde xogalos.
Desde o meu punto de vista, os videoxogos poden ser educativos, en ocasións. Como xa dixen anteriormente hai videoxogos de tódolos tipos, deportivos, de fantasía, de rol... e sen dúbida, tamén educativos ou favorables para exercitar a nosa mente. Tamén presentan inconvenientes, como por exemplo, numerosos casos de adicción por parte dos xogadores.
Lóxicamente, forman tamén parte da cultura, podes aprender con eles ou non, pero son empregados por millóns de persoas de tódalas idades en todo o mundo.
De feito, están tan involucrados na cultura que hai todo tipo de eventos relacionados con eles, dende campionatos ou ligas, ata entregas de premios, como o recente "Premio Príncipe de Asturias", que recibui fai menos dun mes Miyamoto, creador de xogos tan coñecidos como "Super Mario", o xinete de gorra vermella que podedes ver na imaxe de arriba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario