Pregunta moi frecuente en miles de persoas, ¿por que esta aplicación con tanto éxito é gratuita?. Pois ben, o negocio de WhatsApp consiste unicamente en ser usado por millóns de persoas de todo o mundo, ata o punto de chegar a crear unha necesidade por parte dos usuarios de empregar esta aplicación.
Os cartos que o manteñen vivo saen de fondos de inversión, compañías que toman o diñeiro dos seus clientes e o invirten noutras empresas con positivas espectativas de crecemento. Posteriormente, os inversores lévanse a parte proporcional dos beneficios en relación coas súas inversións.
Os gastos de persoal e sostemento de WhatsApp son practicamente nulos, e o seu potencial de venta é enorme. Calquera operadora do mundo desexaría mercala, posto que obtería a millóns de clientes aos que podería, por exemplo, insertar publicidade. É por isto que estimamos que o prezo actual de WhatsApp é de millóns de Euros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario