Impactante documental protagonizado por persoas tetrapléxicas que, recluídos en cadeiras de rodas loitan por relizar un soño; gañar unha competición de rugby paralímpico. Neste documental mostrannos a vida dos xogadores, o antes, o por qué, e a súa loita por adaptarse á súa minusvalía. Competitividade, agresividade e ímpetu podemos dicir que son os adxectivos máis apropiados para definir aos protagonistas, que a pesar das circunstancias, non se deixan levar pola forte corrente da rendición.
Paréceume un documental moi interesante, que transmite valores tan importantes como o aprender a loitar polo que un quere, perseguir os seus soños ata conseguilos e adaptarse ás diversas dificultades que nos poña a vida.
Intenta e consigue influír ao espectador cunha enorme motivación para afrontar os problemas. Documental altamente recomendable.
Aquí déixovos o trailer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario