Toca falar do HTML5, unha linguaxe definida como a mellor alternativa para crear xogos de navegador. As súas características básicas son que é aberto e gratuito, non require instalar complementos e está respaldado polos máis grandes do mundo tecnolóxico, como poden ser Google, Microsoft e Apple.
Aquí deixovos unha captura dun xogo que probei para a clase de TIC neste novo formato, chámase "Cánavas River", consiste en conducir unha bicicleta a traves de escenarios debuxados polos xogadores e mestura HTML 5 con Javascript. Podedes probar a xogar facendo click na imaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario